Mércores, 7 de agosto: o alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou duramente á Xunta
Arquivo por etiquetas: Vigo
Carlos Príncipe, ariete da TVG contra Caballero e o PSOE
O mércores 19 de xuño, o Telexornal mediodía da TVG non informa sobre a gran marcha prevista para isa mesma tarde en Vigo a prol do aeroporto de Peinador, convocada polo alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero.
Pero si se ofrecen unhas declaracións do tamén socialista e ex-alcalde Carlos Príncipe, realizadas no programa “foro aberto” do martes 18.
O alcalde de Vigo, Peinador e o “criterio” da TVG
Luns, 3 de xuño: Abel Caballero convoca “a todo Vigo” a unha “gran concentración cidadá en defensa do aeroporto de Peinador e, por extensión, da cidade e a da súa economía”, para o 19 de xuño. A noticia non sae nos telexornais da Televisión de Galicia. Si en cambio noutros medios..: Seguir lendo
Pemex, un “merlo branco” que non é tal
O 2 de maio, na información que ofrece o TX mediodía sobre o acordo entre PEMEX e o asteleiro vigués BARRERAS, coméntase unha “falsidade”.
Este é o parágrafo en cuestión: “… confirmouno a propia petroleira na súa páxina web. E explica os seus obxectivos coa compra: absorve-lo coñecemento tecnolóxico de Barreras e renova-la frota de barcos, “O QUE SE PODERÍA TRADUCIR COMO MÁIS CARGA DE TRABALLO PARA O ESTELEIRO”.
Pois ben, na páxina web da propia empresa PEMEX… NON APARECE EN NINGÚN MOMENTO ISA POSIBILIDADE… Pódese ver (e ler) no seguinte enlace da web:
http://www.pemex.com/index.cfm?action=news§ionID=8&catID=40&contentID=28554
O comentario de PEMEX di textualmente:
“El objetivo que persigue PEMEX, a través del vehículo de inversión seleccionado, es transferir a mediano plazo el conocimiento tecnológico de HJB para crear capacidad constructora de buques especializados en México, a fin de poder atender la demanda de PEMEX”.
Protestas polas Preferentes: en Vigo non… en Bruxelas si!
Xa demos conta de que o sábado pasado (20 de abril), os Telexornais fin de semana da TVG a penas deron uns segundos sobre a multitudinaria manifestación desenvolvida en Vigo, na que participaron unhas 15.000 persoas de Galicia e outros puntos de España en protesta pola “quita” que van sufri-los afectados, e contra os bancos, a Xunta e o goberno central.
Debe estar conectado para enviar un comentario.