Arquivo por etiquetas: Valedor do Pobo
Non importa que os nenos pasen fame
Xoves 13 de marzo. O xornal “La Voz de Galicia” publica unha entrevista con Helena Gómez, presidenta da Federación de asociacións de pais de alumnos de centros públicos da Coruña, na que alerta de que cada vez son máis os nenos que chegan ao colexio sen almorzar, e levan menos cantidade de merenda.
Segundo Gómez, a situación non se reduce a un so centro, se non que se repite en moitos porque bastantes familias non dispoñen de diñeiro nin medios para comprar alimentos.
Os escraches e o Valedor do pobo…
O venres 26 de abril, o Valedor do pobo, José Julio Fernández, defendeu e falou dos escraches, definindoos como un “EXERCICIO DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN”, sempre e cando non se fagan de xeito repetido contra unha mesma persoa.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/247029-valedor-pobo-ve-escraches-parte-libertad-expresion
Pois a TVG, no Telexornal serán dese día, só ofrece as declaracións do Valedor sobre as Preferentes…
Xa se sabe que ao PP non lle gustan nada os escraches, e mesmo a secretaria xeral, Mª Dolores de Cospedal, chegou a cualificalos de “NAZISMO PURO”…
As declaracións do Valedor do Pobo
Sábado, 6 de abril. O Valedor do Pobo en funcións, Xosé Xulio Fernández, respalda públicamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no caso das fotografías co narcotraficante Marcial Dorado. O Telexornal Serán recolle estas declaracións.
Debe estar conectado para enviar un comentario.