A descarada parcialidade da TVG

Xulgados Betanzos

Nin unha soa mención no telexornal do mediodíado 30 de decembro  á decisión da Fiscalía de acusar á deputada do PP María Faraldo de prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa como alcaldesa de Betanzos..

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/28/galicia/1388251421_820241.html

A nova, publicada polo xornal El País ocultouse de xeito descarado no informativo, no que non se deixou pasar por alto outra publicada polo xornal El Mundo. Nesta acúsase a UXT-Andalucía de pagar a festa do 1 de Maio con axudas destinadas a parados.

http://www.elmundo.es/andalucia/2013/12/30/52c0b45522601d2a698b4586.html

http://www.crtvg.es/informativos/uxt-a-pagou-gastos-da-festa-do-1-de-maio-con-cargo-a-axudas-para-parados-724205

Outra mostra máis da pouca seriedade e da falta absoluta de rigor informativo.

ABC: unha fonte fiable e neutral?

       

Xa temos dito noutras ocasións que a TVG cita as informacións doutros medios (sobre todo escritos) segundo lle conveña, non polo interese das noticias. Se son favorables ao PP ou negativas para outros partidos, si se fai. Se non… nada de nada.

Seguir lendo

A “culpa” de UXT e a “suposta” contabilidade B do PP

O Telexornal mediodía do martes 20 de agosto destaca unha información aparecida no xornal “El Mundo”, na que se afirma -sen ningún cualificativo tipo “supostamente” ou “presuntamente”-, que a federación andaluza de UXT pagou con fondos europeos a impresión e a distribución da revista para os seus afiliados:

Seguir lendo