28 de outubro. José Manuel Freire Couto, alcalde do PP en Barbadás, declara ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número tres de Ourense, que leva a investigación dunha denuncia presentada polo PSOE local, que acusa ao rexedor de varios casos de corrupción urbanística.
Arquivo por etiquetas: Urbanismo
Contra Besteiro o día que presenta programa
11 de xullo. O PP de Lugo pide expliacións ao exconcelleiro de Urbanismo e actual presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ao coñecer que o promotor da urbanización do Garañón acode á vía xudicial para reclamar 25 millóns ao Concello e que o Xulgado de Instrución número 2 acordou manter as medidas preventivas, entre elas a paralización das obras, que pesan sobre o devandito desenvolvemento urbanístico.
A Galega trata así o tema:
Unha información que foi directa e deliberadamente MANIPULADA DENDE A DIRECCIÓN DE INFORMATIVOs DA TVG na súa redacción.
Este era o texto inicial:
O voceiro do Grupo municipal do PP en Lugo, Xaime Castiñeira, responsabilizou o actual presidente da Deputación Provincial do pagamento por parte do Concello lugués dunha posible indemnización de vinte e seis millóns de euros á promotora das obras do edificio das costas do parque, paralizadas por orde xudicial.
Castiñeira recordou que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro era o concelleiro de urbanismo cando se tramitou a construción do edificio do Garañón.
Agora, o dono do edificio denunciou o Concello polos prexuízos económicos que lle causou a paralización dunha obra na que investira uns vinte e cinco millóns oitocentos mil euros.
Así quedou a redacción final:
O voceiro do Grupo municipal do PP en Lugo, Xaime Castiñeira, responsabilizou hoxe o actual presidente da Deputación Provincial do pagamento por parte do Concello lugués dunha posible indemnización de vinte e seis millóns de euros á promotora do edificio coñecido como O Garañon , paralizadas por orde xudicial.
Castiñeira lembrou que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro era o concelleiro de urbanismo cando se tramitou a construción do edificio do Garañón.
Estas declaracions do voceiro popular se pruducen despois de coñecerse un auto da xuiza Pilar de Lara no que considera que hai indicios de delicto na concesion da licencia do edificio e aprecia unha posible connivencia entre os representantes municipales e a promotora da obra.
Dase a “casualidade” de que ese mesmo día o actual presidente da Deputación presentou ante a agrupación de Lugo o programa co que pretende ser candidato para liderar o PSdeG, do que por suposto non se menciona nada.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/263737-besteiro-propugna-programa-electoral-vinculante-plazos
http://www.20minutos.es/noticia/1868984/0/
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/11/galicia/1373545558_490469.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.