O top-ten de eunonmanipulo tras máis de 85.000 visitas

Oito meses de vida, 513 artigos e 85.650 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, coa imparcialidade e coa pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.

Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos da nosa bitácora: eunonmanipulo@wordpress.com

Seguir lendo

Días contados, por Raquel Lema, presidenta do comité interempresas da CRTVG

Oito meses despois da creación deste blog, chegamos (de feito xa o superamos) ós 500 artigos. Para celebralo (a verdade que é motivo de celebración) publicaremos nos vindeiros días varios artigos de opinión sobre a importancia do blog, da súa existencia e función e da loita dos profesionais dos medios públicos por unha televisión e unha radio coas que todos se podan identificar.

Empezamos a xeira de artigos por este texto redactado por Raquel Lema, presidenta do comité interempresas da CRTVG.

Seguir lendo

Unha nova denuncia de eunonmanipulo chega ó Parlamento

parla

 

A finais da pasada semana, Compromiso por Galicia (CxG) denunciou no Parlamento de Galicia o ocultamento informativo da TVG.

O escrito da formación política denunciaba que ningún informativo da canle autonómica recolleu a denuncia presentada por CxG ante a fiscalía para que investigase o presunto financiamento irregular do Partido Popular de Galicia.

Xa no seu día, eunonmanipulo denunciou públicamente a ocultación da noticia.

https://eunonmanipulo.wordpress.com/tag/compromiso-por-galicia/

AS IMAXES QUE NUNCA DEBERON EMITIRSE, ORDE DA DIRECCIÓN DE INFORMATIVOS

           
           24 DE XULLO. Unha parte das imaxes que emitíu Televisión de Galicia do descarrilamento do tren en Santiago nunca deberon facerse públicas. E así tería sido se a dirección de informativos seguise o criterio cabal e profesional do redactor  que se encargou de editalas.
           Seguir lendo