Arquivo por etiquetas: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O marido da conselleira, segunda parte
O ascenso do marido da conselleira de Sanidade, Manuel Bustamante, no Complexo Hospitalario de Santiago volve estar baixo sospeita.
Xa fora noticia que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza detectara favoritismo na oposición que en 2010 lle deu o posto de xefe médico e obrigara a repetir o proceso. E que Manuel Bustamente volvera conseguir o ascenso nesa repetición.
Pero seu rival e candidato á xefatura médica di que houbo irregularidades outra vez, e impugnou as probas.
O enchufe da conselleira de Sanidade, noticia de alcance curto
“O Complexo hospitalario de Santiago executará de xeito inmediato a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o nomeamento de Manuel Bustamante como xefe de servizo de cirurxía xeral. Bustamante, que é o marido da conselleira de Sanidade, gañara o concurso no ano 2010. A sentenza alega vicio de desviación de poder e falta de motivación clamorosa.”
Malas novas….. tempo escaso
9 de outubro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso da Xunta en contra da execución forzosa das sentenzas que anulan parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo no ensino e que lle daba ao Goberno galego un mes de prazo para o seu cumprimento.
Debe estar conectado para enviar un comentario.