A ocultación das novas que teñan relación coa trama Gürtel comeza a ser algo máis ca un escándalo. Os telexornais da TVG están quedando día a día en evidencia polo seu desexo de pretender (só pretender) que ninguén en Galicia saiba nada sobre este asunto. Seguir lendo
Arquivo por etiquetas: Trama Gürtel
Os “agasallos” da rede Gürtel ao PP non son noticia
9 de decembro. La Voz de Galicia publica que a rede Gürtel bombardeou a regalos durante polo menos seis Nadales seguido a dirixentes, militantes e traballadores do PP, pero tamén a responsables do Executivo central e de Administracións de todo tipo que ostentaban os populares.
Os cobros ficticios de Mato, unha ficción para TVG
A rede de corrupción Gürtel anotou como cobro ficticio as viaxes que as súas empresas pagaron á ministra de Sanidade, Ana Mato. Así consta en dúas anotacións que aparecen na nova documentación do caso. O xuiz incorporou as probas dos agasallos da trama ao sumario. Seguir lendo
Crespo ameaza con tirar da manta e a TVG mira para outro lado
3 de xullo. O xornal Faro de Vigo publica unha entrevista en exclusiva con Pablo Crespo, secretario de organización do PP nos 90 e un dos principais encausados na trama Gürtel. Crespo sinala que despois de pasar 1.090 días no cárcere agroma ese “ánimo de que se saiba a verdade”. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.