O xoves 9 de maio, na Revista da mañá entrevístase en directo a Willie Nile, unha estrela do rock americano… que fala en inglés.
A presentadora pregunta en galego, e él resposta en inglés… pero… A TRADUCIÓN SIMULTANEA QUE SE FAI… É EN CASTELÁN E NON EN GALEGO !!!!!.
http://www.crtvg.es/informativos/entrevistamos-a-willie-nile-unha-lenda-do-rock-americano-582901
Igual non se puido contratar a ninguén que traduza do inglés ao galego… ou igual non houbo interés en facelo… do mesmo xeito que os días festivos (ese xoves era a Ascensión en Santiago) non traballa ningún lingüista na TVG.
Eso si, seguramente eses días non se escatimou en gastos para as 300 persoas que participaron na xuntanza de televisións “rexionais” europeas… o chamado “CIRCOM” que auspicia a CRTVG.