Pemex, un “merlo branco” que non é tal

 

003619_pemexespecial_principal

O 2 de maio, na información que ofrece o TX mediodía sobre o acordo entre PEMEX e o asteleiro vigués BARRERAS, coméntase unha “falsidade”.

Este é o parágrafo en cuestión: “… confirmouno a propia petroleira na súa páxina web. E explica os seus obxectivos coa compra: absorve-lo coñecemento tecnolóxico de Barreras e renova-la frota de barcos, “O QUE SE PODERÍA TRADUCIR COMO MÁIS CARGA DE TRABALLO PARA O ESTELEIRO”.

http://www.crtvg.es/informativos/pemex-asina-a-carta-de-intencions-para-mercar-o-51-de-barreras-578400

Pois ben, na páxina web da propia empresa PEMEX… NON APARECE EN NINGÚN MOMENTO ISA POSIBILIDADE… Pódese ver (e ler) no seguinte enlace da web:

http://www.pemex.com/index.cfm?action=news&sectionID=8&catID=40&contentID=28554

O comentario de PEMEX di textualmente:

“El objetivo que persigue PEMEX, a través del vehículo de inversión seleccionado, es transferir a mediano plazo el conocimiento tecnológico de HJB para crear capacidad constructora de buques especializados en México, a fin de poder atender la demanda de PEMEX”.

 

A emigración “motivo de optimismo” para Esperanza Aguirre

 

 

esperanza-aguirre

Só uns días despois de que a Ministra de Traballo, Fátima Báñez, falase de “MOVILIDADE EXTERIOR” referíndose á marcha dos españois a traballar ao estranxeiro, outra ilustre representante do PP, Esperanza Aguirre, asegura que esa emigración en busca de traballo é “MOTIVO DE OPTIMISMO” !!!!!.

 

http://www.eldiario.es/lacrispacion/Aguirre-Espana-mejor-ultima-crisis_6_126397361.html

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/27/actualidad/1367067140_391308.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/04/27/aguirre-dice-salida-jovenes-espanoles-extranjero-motivo-optimismo/00031367072669699108192.htm

 

No Telexornal serán do sábado 27, si fala o presentador (con moita rapidez, claro…) de “polémicas” declaracións de Aguirre, pero as verbas que se emiten no video de Esperanza Aguirre son que “A SITUACIÓN É O DOBRE MELLOR QUE NA ANTERIOR RECESIÓN E SAIREMOS DESTA”…

Beatriz Mato e a Operación Orquesta

matoO luns 15 de abril El País recollía unha información na que se aseguraba que o xuíz que investiga a Operación Orquestas, unha trama de corrupción de funcionarios e políticos na Costa da Morte, pedía abrir unha nova liña para ver si a conselleira Beatriz Mato tamén estaba implicada no tráfico de influencias.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/14/galicia/1365967588_362170.html

En ningún Telexornal se emitíu nada, malia que a conselleira de Traballo e Benestar Social fixo declaracións ante esta noticia nun encontro cos medios.

Ó día seguinte tamén saía publicada no xornal La Voz de Galicia unha referencia os correos electrónicos que Mato intercambio o alcalde de Fisterra para a contratación do persoal nun xeriátrico de Vimianzo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/16/auto-orquesta-abre-puerta-nuevos-procesos-corrupcion-politica/0003_201304G16P8993.htm