Os artigos máis vistos de Eunonmanipulo en 2014

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg

Acaba un ano sen que, desgraciadamente, se vislumbre a fin deste blog (e moito menos coas eleccións municipais e xerais á vista). Tememos que 2015 será un ano de moito traballo para Eunonmanipulo, pero non por iso imos deixar de desexarvos que sexa o máis venturoso para todos.

Ogallá que pronto pechemos este blog (que vai camiño das 168.000 visitas en menos de dous anos de existencia) e que as súas funcións sexan substituidas por un consello de informativos que vixíe e fiscalice o funcionamento dos informativos da TVG e vele pola súa pluraliade, imparcialidade e rigor. Meréceno os profesionais da TVG e, sobre todo, a cidadanía. Seguir lendo

O top ten de Eunonmanipulo tras 160.000 visitas

cropped-cropped-004.jpg

Ano e medio de vida, 798 artigos e 160.050 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, coa imparcialidade e coa pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.

Todos aqueles que queirades colaborar, desde dentro da TVG ou desde fóra, coa denuncia contra a manipulación informativa podedes dirixirvos a enonmanipulo@gmail.com. Garantimos confidencialidade absoluta. Tamén nos podedes seguir nos nosos grupos de facebook e twitter.

Seguir lendo

Nove meses de Eunonmanipulo: os dez artigos máis lidos

 

Nove meses de vida, 576 artigos e 93.000 visitas a un blog que segue medrando día a día. Podes deixar comentarios en eunonmanipulo@gmail.com

Búscanos tamén en twitter e en facebook.

Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos da nosa bitácora, eunonmanipulo@wordpress.com

 

Seguir lendo

Top ten do medio ano de vida de eunonmanipulo

3 de outubro. Hoxe facemos medio ano de vida. Máis de 67.000 visitas e 399 artigos publicados. Tamén estamos en twitter e facebook. Se queres facernos chegar calquera información contacta con nós a través de eunonmanipulo@gmail.com

Ofrecémosvos os dez artigos máis lidos de eunonmanipulo@wordpress.com

Seguir lendo