
E os insultos do voceiro do goberno coruñés do PP?

Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.
Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.
Nada nos informativos Bos Días e Telexornal Mediodía do abultado patrimonio do tenente de alcalde do concello ourensá de Barbadás. O número dous do concello, Manuel García González, do Partido Popular, ten 1.2 MILLONS DE EUROS só en valores inmobles. Seu patrimonio, igual co do alcalde, o baltarista Freire Couto, de 2 MILLONS DE EUROS, medrou parello a explosión inmobiliaria da zona.
Os xornais do día 28 recollían a noticia nas súas webs o longo da mañá.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/27/galicia/1369677510_782345.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.