“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
Como profesionais da Televisión e da Radio, sabemos mellor que ninguén o que significa o tempo nas emisións destes medios. E o típico tópico cumpríuse este luns en “El Intermedio”. Ían cargados de asuntos (sobre todo a comparecencia da Infanta e os premios Goya), e a análise da manipulación informativa na TVG queda para o programa do martes 11. Seguir lendo
O pasado 30 de novembro fixéronse tres anos dun dos episodios máis rocambolescos da historia da TVG.
Sete meses de vida, 465 artigos e 75.000 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, a imparcialidade e a pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.
Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos da nosa bitácora: eunonmanipulo@wordpress.com Seguir lendo
Lembrade que todos aqueles/as que queiran denunciar unha práctica de manipulación informativa na Televisión de Galicia ou na Radio Galega de forma anónima e confidencial poden dirixirse a este blog a través da seguinte dirección de correo: eunonmanipulo@gmail.com
A denuncia será contrastada e, se procede, denunciada a través do blog e das redes sociais.
Asimesmo, lembrade que podedes facer comentarios, críticas, loubanzas ou suxestións no noso blog. Só tedes que deixar o voso comentario debaixo de artigo que consideredes oportuno.
Moitas grazas pola vosa colaboración en prol dunha verdadeira e necesaria televisión pública de Galicia.
Nos informativos da TVG, as noticias internacionais, agás acontecementos moi especiais, soen ir preto do final, antes dos deportes.
Pero o luns 6 de maio, cando se coñece que a meirande parte dos franceses desaproban o primeiro ano de xestión do Presidente François Hollande (SOCIALISTA, como ben se destaca na información), os responsables do Telexornal mediodía DECIDEN QUE A NOVA VAIA CASE AO PRINCIPIO…
A nova emítese entre unhas declaracións de Cayo Lara (IU) sobre as propostas de Rubalcaba, e outra sobre que Pemex entra este mes no accionariado de Barreras.
O venres día 3 de maio, unha nova similar sobre o descrédito de Hollande, dase preto do final do TX serán… no 32º lugar.
A caída de audiencia e os exemplos de manipulación informativa denunciados por este blog desde a súa creación hai case un mes foron asuntos de debate na comisión de control da CRTVG, celebrada no Parlamento.
Non busquedes nos Telexornais. Omitiuse o debate.
Así se informou na web da CRTVG. Destácase a oferta infantil e xuvenil da programación e non hai ninguna referencia ás gravísimas acusacións de manipulación informativa e ao retroceso en audiencia, nin ás explicacións ofrecidas polo director xeral.
O programa dos servizos informativos da TVG “Foro aberto”, que presenta Carlos Luis Rodríguez, pretende se-lo espazo de debate social e político da casa.
Á marxe de que xa ten habido numerosas críticas pola tendenciosidade e partidismo do mencionado presentador (moi favorable ao PP), queremos facer fincapé no programa emitido o xoves 25 de abril, o mesmo día no que se coñeceron os dramáticos datos do paro en España.
“Foro aberto”, cunha hora de duración, deulle moita máis importancia (comezando con ese asunto) ao asedio ao Congreso dos deputados, e á sesión vivida no Parlamento de Galicia co incidente de Beiras co presidente da Xunta, e mesmo aos accidentes de tráfico (ao fío da sentenza a Ortega Cano).
Por certo, non se perdan (ao redor do minuto 18) a presentación dese tema por parte de Carlos Luis Rodríguez, centrandoo nos 20 anos que se cumpriron do “zapatazo” de Beiras, e que dentro doutros 20, lembrarase o puñetazo no escano de Feijoo…
A analiza-la terrible situación do paro adicáronse dez (10) minutos !!!, do total dunha hora de “Foro aberto”. Ademáis foi tratado en terceiro lugar. En cuarto lugar foi o dos accidentes, pero con bastante máis tempo co paro.
http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto
“Foro aberto” ten uns datos de audiencia baixísimos. Non é de estranar, porque en lugar de facer honra ao seu título, é outra caixa de resonancia do PP, e o presentador nin sequera o disimula.
Debe estar conectado para enviar un comentario.