A maior manifestación das Preferentes en Galicia… pouco importa.

117088-397-550

O sábado 20 de abril, celébrase en Vigo a maior manifestación en apoio aos afectados polas preferentes, de todas as que se teñen feito en Galicia, e das máis masivas en España.
Milleiros de persoas (entre 12.000 e 17.000) chegadas de toda a comunidade e mesmo doutros lugares de España colapsan durante varias horas a cidade. Así tratan a noticia algúns xornais…
A pesar da importancia da convocatoria (porque afecta a ducias de milleiros de familias galegas, e pola mesma asistencia e repercusión en Vigo), o Telexornal mediodía “solventa” o asunto en 22 segundos de imaxes nas que só aparece algún rótulo de “non á quita” e pouco máis…
CURIOSAMENTE, na marcha estiveron representantes do PSOE, do BNG e de AGE… pero non do PP… (ISO, POR SUPOSTO, TAMPOUCO SE DIXO !!!).

Os “tratos” do Bloque con Herri Batasuna

No Telexornal Serán do mércores 10 de abril pódese escoitar que ” o Presidente Feijóo replicou que non acepta leccións morais do Bloque porque anda en tratos con Herri Batasuna” (sic).

Como se pode escoitar no enlace Feijóo realmente pregúntalle ó nacionalismo “se cando invitaba a Herri Batasuna ó Día da Patria coñecía a súa relación co terrorismo”.

http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-non-admite-leccions-de-bng-e-age-e-di-que-no-psoe-avergonzanse-do-trato-dado-as-fotos-564871

Herri Batasuna desapareceu despois da súa refundación no ano 2001 convertido en Batasuna, que á súa vez se autodisolveu en xaneiro deste ano.

Licenciados galegos en paro

universitariosCatro de cada dez mozos galegos que acabaron a carreira en 2009 están no paro segundo o último informe do Sistema Universitario de Galicia (Ascug). En catro anos o paro entre os recén graduados subiu do 23% ao 41%. Esta información non se emitiu en ningún dos informativos principais da cadea.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/04/paro-recien-graduados-sube-23-41-cuatro-anos/0003_201304G4P8995.htm

Cáritas atende un 40 por cento máis de persoas nos seus centros

Cáritas informa de que algúns dos seus centros interparroquiais de Galicia experimentaron un incremento de ata un 40 % no número de persoas atendidas en 2012, respecto o ano anterior. A información non apareceu en ningún Telexornal.

pobreza_aumenta_España

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/03/23/crecen-40-usuarios-caritas-galicia/0003_201303G23P28991.htm