Os presuntos corruptos do PP non teñen militancia, os do PSOE si

barbera campsgriñan chaves

 

Os informativos de Televisión de Galicia teñen unha maneira cando menos sospeitosa de engadir ou ocultar información nos casos de corrupción política. Se os implicados son dirixentes do Partido Popular, a militancia política non se especifica, pero os responsables dos telexornais nunca se lles escapa este dato informativo cando son dirixentes do PSOE. Seguir lendo

Socialistas á baixa

????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

Nos informativos da TVG, as noticias internacionais, agás  acontecementos moi especiais, soen ir preto do final, antes dos deportes.

Pero o luns 6 de maio, cando se coñece que a meirande parte dos franceses desaproban o primeiro ano de xestión do Presidente François Hollande (SOCIALISTA, como ben se destaca na información), os responsables do Telexornal mediodía DECIDEN QUE A NOVA VAIA CASE AO PRINCIPIO…

http://www.crtvg.es/informativos/o-76-dos-franceses-desaproban-o-primeiro-ano-de-goberno-do-socialista-hollande-580886

A nova emítese entre unhas declaracións de Cayo Lara (IU) sobre as propostas de Rubalcaba, e outra sobre que Pemex entra este mes no accionariado de Barreras.

O venres día 3 de maio, unha nova similar sobre o descrédito de Hollande, dase preto do final do TX serán… no  32º lugar.

http://www.crtvg.es/informativos/hollande-non-superaria-a-primeira-volta-nuhas-presidenciais-en-francia-un-ano-despois-de-ganar-as-eleccions-579576