Apoio popular, 30 segundos na TVG

hula

 

27 de decembro. A Federación Veciñal Lucense e a asociación Abre la Muralla entregaron no Parlamento de Galicia máis de 44.000 firmas recollidas para reclamar que o Hospital Universitario de Lugo (HULA) conte cunha unidade de hemodinámica as 24 horas, así como de radioterapia e medicina nuclear.

Seguir lendo

Máis do 60% dos xornalistas da TVG denuncian manipulación informativa

crtvg

Os  comités de empresa da TVG e a RG entregaron esta mañá as sinaturas contra a manipulación informativa nos medios públicos. Durante os últimos meses recolléronse sinaturas entre os traballadores. Máis do 60% dos xornalistas adscritos aos servizos informativos da TVG denuncian coa súa sinatura as prácticas de manipulación. Seguir lendo

A lei do silencio para a minería

 

corcoesto

O 28 de maio varios colectivos entregan firmas na Xunta en contra e a favor do proxecto mineiro en Bergantiños.

 

Os defensores do proxecto mineiro (Corcoesto Sí, Mina Si) entregaban unha colleita próxima ás 7.000 rúbricas, voceiros dun dos colectivos contrarios (Salvemos Cabana) presentaban as súas, máis de 23.000, e a plataforma Change.org anunciaba pouco despois que leva recollidas outras 166.000 a través da campaña contra a megaminaría en Galicia promovida polo presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González.

 

http://www.laregion.es/noticia/255587/proyecto/minero/previsto/corcoesto/divide/vecinos/

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/27/galicia/1369667880_667041.html

 

Na Galega non se fixo eco desta nova.

Salvemos Galicia… na TVG non

1369158845461salvemos-galiciadnUn novo apoio a campaña de recollida de sinaturas dos colectivos ecoloxistas en contra das explotacións mineiras que teñen previsto comezar a súa actividade en Galicia.

Na plataforma Change.org xa teñen máis de 53.000 sinaturas e agora contan cun video que está colgado en youtube na que saen varios persoeiros amosando o seu apoio a esta iniciativa.

http://www.change.org/es/peticiones/que-no-arrasen-galicia-paremos-la-megaminer%C3%ADa-contaminante

Os colectivos que se opoñen afirman que “a Xunta dará o visto e prace a explotacións sen avaliar con rigor os seus efectos sociais, ambientais, económicos e para a saúde humana”.

Os actores Luis Zahera, Carlos Blanco, Javier Veiga, o xornalista Gonzo, o escritor Suso de Toro, o adestrador do Deportivo Fernando Vázquez son algúns deles.

A Galega non se fixo eco desta iniciativa. Outros medios si.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-personalidades-cultura-periodismo-deporte-unen-video-contra-mineria-contaminante-galicia-20130521121833.html

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/personalidades-cultura-periodismo-deporte-unen-un-video-mineria-contaminante-galicia/idEdicion-2013-05-21/idNoticia-807644/

http://www.publico.es/455776/fernando-vazquez-suso-de-toro-luis-zahera-y-gonzo-contra-la-mineria-contaminante-en-galicia

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/20/galicia/1369078482_891478.html

O día 16 de maio convocouse unha manifestación para o 2 de xuño que tampouco tivo referencia algunha na canle pública galega.