Trama Gürtel, non grazas. Pero un pouquiño de UXT a diario

camps

       5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis  informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía. 

Seguir lendo

Ana Mato e Caso Gürtel

Mato Sepulveda

O 19 febreiro de 2013 saía en todos medios de comunicación que o xuíz Pablo Ruz consideraba que o ex-senador do PP Jesús Sepúlveda recibira máis de 500.000 euros de Francisco Correa, un dos implicados na trama GURTEL. Esta información non foi nos titulares en ningún dos dous telexornais principais da cadea. No Teloxornal Mediodía facíase unha breve mención e no Telexornal Seran, dábase conta dun xeito máis amplo pero non se relacionaba a Ministra de Sanidade do PP, Ana Mato, co caso malia estar casada con Sepúlveda na data na que recibíu os subornos. Si se fixo alusión a petición dos grupos da oposición da dimisión de Ana Mato no Senado polas informacións que a relacionan co caso Gurtel, pero sen vinculala coa súa relación co seu ex-marido. Curiosamente no Telexornal Serán si que foi nos titulares as declaracións de Montoro, Ministro de Facenda, nas que aseguraba que hai actores que non pagan impostos en España, en resposta ás críticas verquidas durante a gala dos Premios Goya, unha información que na maioría de medios non deixou de ser valorada como un tema secundario.

http://www.crtvg.es/informativos/a-ministra-de-sanidade-di-que-non-dimite-porque-as-informacions-que-a-vinculan-coa-trama-guertell-son-infamias-534337

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-pablo-ruz-considera-que-jesus-sepulveda-recibiu-mais-de-medio-millon-de-euros-da-trama-guertel-534336