Luns 2 de xuño. O mesmo día que o Rei abdica, coñécese a condena do xulgado do penal de Santiago contra os sete concelleiros do goberno municipal do PP xulgados por prevaricación: nove anos de inhabilitación para exercer cargos públicos.
Luns 2 de xuño. O mesmo día que o Rei abdica, coñécese a condena do xulgado do penal de Santiago contra os sete concelleiros do goberno municipal do PP xulgados por prevaricación: nove anos de inhabilitación para exercer cargos públicos.
26 de novembro. Coñecíamos a reacción de Carlos Fabra á súa condena de catro anos de cárcere. O expresidente da Deputación de Castellón , en rolda de prensa, dicía que non tiña medo a ir á cadea, que facía anos que se afeitaba.
Luns 25 de novembro. Contra o mediodía, ás doce, coñécese que Carlos Fabra acaba de ser condeado a catro anos de cárcere por defraudar case 700 mil euros, 693 mil exactamente, cartos que non declarou entre 1999 e 2003.
O xoves 14 de novembro, o Telexornal mediodía ofrece unha lamentable información sobre as repercusións e alcance da sentenza xudicial do Prestige, coñecida o día anterior.
Nunca Máis cualificou a sentenza sobre a catástrofe do Prestige como “absolutamente decepcionante” e considerou que “é a peor sentenza que podiamos esperar”, segundo afirmou o voceiro da plataforma cidadá, Xaquín Rubido.
O Tribunal Supremo ratificou a sentenza ditada hai dous anos polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia e declara ilegais os 52 chalés de luxo construídos en San Vicente do Grove, no lugar de Raeiros. Un conflicto que se demorou anos e que xurdíu a raíz dunha denuncia do BNG. Os medios galegos tiveron tempo para dar a coñecer esta nova, mesmo TVE en Galicia (minuto 5.10 a 6.27) :
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-21-05-13/1829662/
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/23/galicia/1369335068_916182.html
Na Galega non se deu máis que un video no informativo local de Pontevedra e Vigo, e o 22 no Bós días, o informativo de menor audiencia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.