Maquillando os datos do paro

parados navl

       O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.

Seguir lendo

TVG di que o naval non da importancia ao aprazamento de PEMEX

 

LA PLANTILLA DE NAVANTIA SE MOVILIZA MAÑANA PARA EXIGIR CARGA DE TRABAJO Luns, 30 de decembro. A petroleira mexicana PEMEX apraza unha vez máis a adxudicación dos dous floteis que os asteleiros galegos agardan como unha transitoria táboa de salvación. Seguir lendo

Os problemas en Ferrol… e os graves incidentes no concello

MANIFESTACION NAVANTIA FERROL 19 ABRIL 2013 /

O xoves 30 de maio, uns 3.000 traballadores de Navantia e empresas auxiliares de Ferrol maniféstanse pola cidade e cortan o tráfico na ponte das Pías, con barricadas e fogueiras de neumáticos. Seguir lendo

Nada das críticas do alcalde de Ferrol ao goberno central na Radio galega

 

AlcaldeFerrol

O mércores 15 de maio, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, do PP, participa no programa matinal da Radio galega “Os almorzos de Galicia por diante”.

Na entrevista, tal e como publica a páxina web da CRTVG, Rey “carga a man contra Navantia e O GOBERNO CENTRAL POLA SÚA INEPTITUDE Á HORA DE CONSEGUIREN CARGA DE TRABALLO PARA OS ESTALEIROS DE FERROLTERRA:

http://www.crtvg.es/rg/os-almorzos/jose-manuel-rey-varela-alcalde-de-ferrol-na-rg

Algúns medios de comunicación destacan a noticia e o comentario crítico do alcalde contra o goberno do PP (o seu propio Partido) en Madrid, salientando que con Rajoy, o sector naval en Ferrol ten “contratos cero”.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/alcalde-ferrol-reclama-politica-naval-competitiva/idEdicion-2013-05-15/idNoticia-806711/

http://www.abc.es/local-galicia/20130515/abci-alcalde-ferrol-rajoy-201305151257.html

Para a TVG, a información non ten a máis mínima importancia, e non se da nada nos Telexornais.