O luns tres de marzo a apertura de xuízo oral a sete concelleiros de Santiago acusados de prevaricación só merece trinta segundos nos telexornais, case a terceira parte, por exemplo, ca moción de confianza en Teo.
Arquivo por etiquetas: Santiago
O mutante criterio informativo para contar os debates sobre a corrupción
Xoves, 27 de febreiro: o pleno do concello de Santiago impide, pola maioría absoluta do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para debater sobre a operación Pokemón, na que están implicados tres concelleiros do Partido Popular e un do Partido Socialista.
O “silencio” da TVG sobre o concello de Santiago
Na capital de Galicia non pasa nada. Esta é a conclusión á que chegaron os responsables dos informativos sobre o grande escándalo que hai montado a conta da Pokémon.
O insignificante tratamento da Pokémon


Unha información da Pokémon… deliberadamente parcial ??
O venres 14 de febreiro, algúns medios publican que o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do Partido Popular, imputado na operación Pokémon, recoñeceu diante da xuiza que “Antonio Ramos”, ao que identifica como “construtor”, puxo diñeiro para a campaña do PP.
Os apupos a Garzón si; o fallo ao seu favor, non
O martes 11 de febreiro, a Audiencia Nacional rexeita que as escoitas practicadas en prisión aos avogados dos imputados na causa da trama Gürtel contaminasen a instrucción, e descarta a nulidade que reclamaban varias defensas.
As escoitas foran ordeadas polo xuiz Garzón, o que lle custou una sentenza de inhabilitación de 11 anos.
Nada sobre os supostos pagos opacos para a campaña do PP de Santiago
O Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia insiste en minimizar a implicación na operación Pokemon dos concellos gobernados polo PP.
Hoxe, 4 de febreiro, non recolle a parte do sumario que desvela supostos pagos opacos para a campaña electoral do PP de Santiago.
Polémica en Santiago que se oculta, e un erro do PP fai públicas as consignas internas
Vergoñento silencio sobre as críticas dos xuices santiagueses á voceira do PP
Mércores 16 de outubro. A xunta de xuices de Santiago, UNANIMEMENTE, rexeita as declaracións da voceira municipal María Pardo (PP), que acusou á xuiza Ana López-Suevos de persecución política contra o partido popular por imputar a sete edís por un presunto delito de prevaricación.
Onde estás Conde Roa?
30 outubro. A axencia Europa Press publica as 19:00. O exacalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, atópase á espera de sentenza tras celebrarse o pasado venres na capital galega o seu xuízo por suposto fraude fiscal ao non aboar 291.000 euros do IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 que fixo a promotora da que era administrador. Fontes xudiciais confirmaron a Europa Press que a vista se celebrou o pasado venres no Xulgado do Penal Número 1 de Santiago.
Debe estar conectado para enviar un comentario.