25 de novembro. Manuel Lamela, imputado por tráfico de influencias e prevaricación durante a privatización da sanidade madrileña, recibe unha «asistencia técnica» para cambiar o modelo dos hospitais de Ceuta e Melilla.
Arquivo por etiquetas: Sanidade
Un alcalde solidario… que non é do PP
O mércores 30 de outubro coñécese a noticia de que o alcalde do concello ourensán de Carballeda de Avia, Luis Milia (PSOE), anuncia que ABOARÁ DO SEU PETO O COPAGO FARMACEUTICO AOS VECIÑOS CON INGRESOS BAIXOS QUE TEÑAN DIFICULTADES PARA PAGALOS.
Nenos trasladados a 100 quilómetros para operarse.
24 de outubro. Os recortes na sanidade seguen no punto de mira. En Ourense suprimíronse cirurxáns pediátricos.
Segue o silencio sobre os concellos que asumen o copago
O concello coruñés de San Sadurniño ven de sumarse a outros municipios galegos para evitar o copago das medicinas hospitalarias. Dese xeito, os veciños con doenzas crónicas ou graves non terán que facer ese gasto.
Canto espera un na sanidade pública… depende.
Paralizada a privatización de 6 hospitais en Madrid
3 de setembro 2013. A última hora da tarde sábese que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de Madrid suspendeu de forma preventiva a externalización da xestión de seis hospitais públicos de Madrid, unha medida que a Comunidade de Madrid prevía executar este mesmo mes dentro do seu plan de aforro sanitario.
Mulleres soas e lesbianas sen reprodución asistida
O venres 19 de xullo xérase unha gran polémica por unha proposta de Sanidade ás comunidades autónomas na que quere que os tratamentos de reprodución asistida, como a inseminación artificial ou a fecundación in vitro, estean vetados a parellas de lesbianas e a mulleres soas na sanidade pública.
Red Madre, un filón de noticias para a TVG
Martes, 11 de xuño. Canto maior é o nivel de estudos das mulleres, menos abortos se producen en España. Seguir lendo
Só versión oficial
4 de maio. Sanidade publica un novo modelo de prestación ortoprotésica, que implanta o reintegro como sistema de pagamento, é dicir, que o usuario deberá adiantar o importe íntegro das súas próteses ou material ortopédico.
Dase a información dende o punto de vista do Goberno galego dando a coñecer o datos positivos que ten a medida para a xestión da Xunta e non o impacto negativo que terá no usuario da sanidade pública, que é realmente o que resulta interesante para os cidadáns. Seguir lendo
“O SERGAS CURA O CANCRO, O INEM MATA DE FAME”
Unha enferma de cancro iniciou o martes, 21 de maio unha folga de fame en Vigo co obxectivo de denunciar que “están modificando as leis e facéndoas moito máis duras para as persoas” que, como ela, están nunha “situación límite”.
Outros medios recollen as denuncias desta muller:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/22/enferma-cancer-inicia-huelga-hambre-vigo/814987.html
A Televisión de Galicia non se fai eco desta noticia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.