Rubalcaba fala dos billetes de 500 €… e Schez. Camacho carga contra o PSOE

images

Telexornal mediodía do sábado 20 de abril. Emítense unhas declaracións de Alfredo Pérez Rubalcaba (secretario xeral do PSOE), nas que propón suprimir os billetes de 500 euros, para combater a fraude fiscal e para que a xente explique como os conseguíu…
           Despois desta información (insistimos, sobre a posible supresión dos billetes de 500 € PARA COMBATER A FRAUDE FISCAL), póñense outras declaracións da presidenta do PP en Cataluña !!! (Alicia Sánchez Camacho), falando de que o PSOE ten problemas internos… que Rubalcaba non pode ser líder da oposición porque non o queren no seu Partido… que se preocupa máis dos problemas internos ca dos dos españois…
            É dicir: a unha proposta sobre fraude fiscal do líder do PSOE contéstalle unha responsable autonómica do PP… e sacando todo completamente de contexto… só co afán de atacar a Rubalcaba e aos socialistas.