Non importa a prisión provisional para o ex-conselleiro valenciano do PP

          O martes 3 de xuño, a práctica totalidade de medios de comunicación difunden a noticia de que o Tribunal Superior de Xustiza da comunidade valenciana acordou prisión provisional eludible con fianza de 200.000 euros para o exconselleiro Rafael Blasco, condenado a oito anos de cárcere por un delito continuado de malversación de caudais públicos, tráfico de influencias, prevaricación e falsidade en documento público.

 

         Blasco cometeu os delitos cando era conselleiro de Solidariedade e Cidadanía no goberno do PP que presidía Francisco Camps.

Seguir lendo

Fe de erratas: si se dixo que Rafael Blasco era do PP

O pasado día 28 publicamos neste blog que o Telexornal Mediodía da TVG  non daba a filiación política do ex conselleiro de Solidariedade da Comunidade de Valencia, Rafael Blasco, condenado a oito anos de cadea por prevaricación e malversación. Pois hoxe temos que aclarar que sí se dixo nese informativo que Blasco era do PP cando supostamente delinquiu.  Malia que no texto da páxina web da CRTVG non figura o dato, a presentadora si o relacionou co Partido Popular na súa locución en directo.

http://www.crtvg.es/informativos/8-anos-de-prision-e-20-de-inhabilitacion-para-o-ex-conselleiro-valenciano-de-solidariedade-823893

Tamén nos titulares se vencellaba a Rafael Blasco co PP valenciano.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-823917

Pedimos, pois, disculpas por este erro, aínda que mantemos que foi moi escasa a información que o telexornal deu sobre a condena de oito anos de cadea para Rafael Blasco por, entre outras cousas,  malversar fondos públicos destinados ao terceiro mundo cando formaba parte do Goberno valenciano que presidía Francisco Camps.

 

 

Quén apoiaba a Rafael Blasco cando malversou fondos?

blasco camps

Mércores, 28 de maio. A xustiza valenciana condena ao exconseller Rafael Blasco a oito anos de cadea e 20 de inhabilitación por fraude nas axudas ao desenvolvemento, delito supostamente cometido cando era responsable do departamento de Solidaridad no Goberno de Francisco Camps, do PP. Seguir lendo