E as reclamacións dos alcaldes de Vigo e Santiago polas demarcacións xudiciais ??

                       O luns 7 de abril, continúa a indignación en Santiago e Vigo contra o anteproxecto de Lei do Poder xudicial aprobado o venres polo Consello de Ministros, que plantexa a creación de Tribunais provinciais de Instancia nas capitais de provincia, relegando ás cidades que non o son.

Seguir lendo

As protestas da frota do cerco case nin existen

O luns 10 de febrero, os mariñeiros galegos da frota do cerco protagonizan mobilizacións e incidentes en varios portos, para reclamar unha maior cuota de xarda e xurelo e para instar á Xunta a que defenda os intereses de Galicia diante do goberno central.

Non se dan as protestas dos despedidos en Telemadrid

         

                         O domingo 12 de xaneiro, centos de persoas participan en Madrid nunha marcha convocada polos traballadores despedidos de Telemadrid, ao se cumprir o primeiro aniversario do ERE que decidíu o goberno autonómico do PP.
                     Seguir lendo

Para Cospedal os familiares da vítimas do terrorismo que critican ao PP “son ignorantes”

cospedal-27102013

 

28 de outubro. Na habitual rolda de prensa dos luns a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, asegurou que o Partido Popular estivo este domingo coas vítimas do terrorismo como estivo “sempre” e por iso cualificou de “inxusto” e dunha “grande ignorancia” o apupo que recibiron membros da súa formación na concentración convocada pola AVT en protesta polo fallo do tribunal de Estrasburgo sobre a ‘doutrina Parot’.

http://www.elmundo.es/espana/2013/10/28/526e5b2568434196558b457a.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/10/28/actualidad/1382960464_156567.html

http://www.eldiario.es/politica/Cospedal-ignorancia-insultaron-PP-AVT_0_190731345.html

http://www.publico.es/478005/cospedal-las-victimas-siempre-tienen-razon

A estas declaracións a Galega non fixo referencia.

A folga do ensino, a policía de Lugo e o can electrocutado

scale

 

O mércores 23 de outubro desenvólvese o segundo día de folga estudiantil no ensino medio, con seguimento tamén nas Universidades, contra os recortes da LOMCE, a chamada “lei Wert”.

Segundo o sindicato de estudantes, o seguimento foi do 90%, mentres o Ministerio de educación fala só do 18’8%.

Seguir lendo

Da Coruña a Ferrol: ás presas, pero con profesionalidade

 

Xoves, 25 de abril: Traballadores e colectivos sociais rebentaron o pleno do concello de Ferrol. A TVG cumpriu o seu labor de informar con rigor e veracidade, malia as dificultades engadidas que entraña o cumprimento do noso deber despois do peche da delagación de Ferrol.

Agora, a información de toda a comarca ferrolá cúbrese desde a delegación da Coruña, o que acarrea unha perda de tempo que pode ser decisiva á hora de informar con precisión.