6 de febreiro. Varios medios aseguran que o Goberno autonómico de Castela-A Mancha está a desviar pacientes que teñen que ser intervidos a clínicas privadas da Comunidade de Madrid e da Comunidade Valenciana para que sexan operados e alixeirar así as listas de espera que existen na rexión gobernada por María Dolores de Cospedal. A Consellaría de Sanidade xustifica eses traslados porque permiten aforrar diñeiro.
Arquivo por etiquetas: Privatización
A Marea Branca faise invisible no Telexornal
O 27 de xaneiro dimite o Conselleiro de Sanidade da comunidade de Madrid. O motivo, unha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid suspendía cautelarmente a privatización da xestión de 6 hospitais madrileños.
Ana Mato contrata un ex conselleiro de Madrid imputado por corrupción
25 de novembro. Manuel Lamela, imputado por tráfico de influencias e prevaricación durante a privatización da sanidade madrileña, recibe unha «asistencia técnica» para cambiar o modelo dos hospitais de Ceuta e Melilla.
Paralizada a privatización de 6 hospitais en Madrid
3 de setembro 2013. A última hora da tarde sábese que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de Madrid suspendeu de forma preventiva a externalización da xestión de seis hospitais públicos de Madrid, unha medida que a Comunidade de Madrid prevía executar este mesmo mes dentro do seu plan de aforro sanitario.
Debe estar conectado para enviar un comentario.