Lío no PP do Porriño

Porriño

O concello do Porriño vive unha situación revolta e esperpéntica, que se reflicte nun feito insólito no mundo político: o alcalde Nelson Santos, do PP, anunciou unha demanda xudicial contra o presidente local do seu propio partido, Manuel Carrera, que tamén é o concelleiro responsable de vías e obras.

Seguir lendo

“Leña” ao BNG cara as eleccións europeas

                        O sábado, 15 de marzo, os Telexornais ofrecen a información relativa á precampaña electoral das europeas do BNG, coa actividade desenvolvida polo voceiro, Xavier Vence, e a candidata Ana Miranda.

Pero tanto o Telexornal mediodia coma o Telexornal serán deste sábado emiten a continuación unhas declaracións da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, nas que volve insinuar a relación dos nacionalistas galegos con ETA.

Seguir lendo

Fraga, Cuíña, Crespo… e o diñeiro negro do PP de Galicia

O sábado 20 de xullo continúan coñecéndose datos sobre os papeis de Bárcenas e as numerosas irregularidades financeiras detectadas no PP de Galicia durante moitos anos. Seguir lendo