Os paraísos fiscais do histórico do PP Nené Barral

a13c5f1

 

O xulgado de Cambados levantou o segredo de sumario nas investigacións que se seguen contra José Ramón “Nené” Barral, que fora durante moitos anos alcalde de Ribadumia polo PP (ata 2001 “peso pesado” no Partido e coñecido “mentor” do actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán), por supostos delictos de blanqueo de diñeiro e desvío de dous millóns de dólares en paraísos fiscais.

          Nené Barral xa fora detido en 2001 acusado de liderar unha banda internacional de contrabando de tabaco, e que lle custou a alcaldía de Ribadumia cando militaba no PP. Aínda está pendente de celebración o xuizo.
          Os informativos da TVG, sempre tan coidadosos con tódolos escándalos e polémicas que xeran membros ou ex-membros do PP, NON OFRECEN ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE O ASUNTO…

Patrimonio de Louzán e de AGE

Louzan
O mesmo día que se coñece a declaración de bens de Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, algúns medios destacan que o único alto cargo do PP que aínda queda por publicalos é o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
AGE
 Os Telexornais non emiten nada sobre ese particular, pero o TX serán da un video no que se fala das declaracións patrimoniais feitas por deputados de AGE, que RESALTA sobre todo que aínda non o fixo Xosé Manuel Beiras. Toda a noticia dase cun printer (rótulo – comentario) no que se di que os de AGE “están hipotecados”, en vez de dicir, por exemplo, que “teñen hipotecas” ou “préstamos hipotecarios”… e péchase a información dicindo (dato irrelevante para o asunto que se trata) que un dos deputados desa formación declara como estado civil, que está “arrimado”…

Manifestación contra a “privatización” da sanidade

Manifa pontevedar

Nos principais Telexornais da TVG non se informou que máis de 5.000 persoas, segundo a organización, secundaron o 21 de marzo en Pontevedra a manifestación en contra da “privatización” da sanidade, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.