O luns 25 de agosto, co gallo da visita de Merkel a Santiago para xuntarse con Rajoy, “blíndase” literalmente a praza do Obradoiro para evitar as multitudinarias protestas contra as políticas de recortes auspiciadas pola chanceler alemá en Europa, e aplicadas fielmente polo goberno español.
Arquivo por etiquetas: Policía
A criminalización da oposición na manifestación do cerco
17 de marzo. O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia apuntou que a carga por parte dos membros da unidade de antidisturbios o pasado martes na manifestación do sector da frota do cerco foi “proporcionada” e que se debeu actuar antes.
Respostas ás acusacións antes de informar delas
Sobre as seis e media da tarde, do 7 de maio, a axencia Europa Press daba a coñecer un informe da UDEF (Unidade de Delitos Económicos e Fiscais) segundo o cal os donantes que aparecen nos chamados papeis de Bárcenas recibiron 12 mil millóns de euros en contratos dos distintos gobernos do Partido Popular, entre os anos 2001 e 2012.
Axiña a información apareceu nos medios:
http://politica.elpais.com/politica/2013/05/07/actualidad/1367946677_704079.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/07/espana/1367948620.html
http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/policia-confirma-financiacion-ilegal-del-2384541
http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/08/doce-mil-millones-gobiernos-populares/806024.html
Na Televisión de Galicia a información non foi en portada e apareceu no minuto 22 do Telexornal Serán, pero co desmentido do Goberno, malia que o informativo da tarde comezou con outra nova relacionada cos escándalos financeiros en España, en concreto o caso Noos, xa que Audiencia de Palma suspendeu a imputación da Infanta Cristina polas sua presunta implicación na malversación e fraude de capitais.
Esta foi a información que se deu na Galega.
“O goberno acaba de negar que a policía nacional redactara un informe no que se vinculan as doacións ó PP por parte de empresarios á adxudicación de contratos prás súas empresas.
Desmente así unha información que publicaron esta tarde varios medios, e que apuntaban a que os doadores que aparecen na suposta contabilidade B do Partido Popular, atribuída ao seu ex tesoureiro Luís Bárcenas, recibiron máis de 12 mil millóns de euros entre 2001 e 2012, en contratos adxudicados por administracións públicas gobernadas polo PP.”
Deste xeito presentouse primeiro a resposta do Goberno a unha nova antes de que se dera a propia información, antes de coñecer os datos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.