Apartada momentáneamente da primeira páxina da actualidade pola operación Patos, a Pokemon segue aparecendo nos telexornais desta semana pero, principlamente, relacionada coas novidades que se producen arredor do concello de Lugo.
Apartada momentáneamente da primeira páxina da actualidade pola operación Patos, a Pokemon segue aparecendo nos telexornais desta semana pero, principlamente, relacionada coas novidades que se producen arredor do concello de Lugo.
O venres 14 de febreiro, algúns medios publican que o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do Partido Popular, imputado na operación Pokémon, recoñeceu diante da xuiza que “Antonio Ramos”, ao que identifica como “construtor”, puxo diñeiro para a campaña do PP.
Desde que o sumario da operación Pokemon desvelou que Adrián Varela, concelleiro do PP en Santiago, pediu a empresa Vendex que despedira unha traballadora porque era a muller dun sindicalista que molestaba no concello, a indignación en contra deste edil non cesa.
O Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia insiste en minimizar a implicación na operación Pokemon dos concellos gobernados polo PP.
Hoxe, 4 de febreiro, non recolle a parte do sumario que desvela supostos pagos opacos para a campaña electoral do PP de Santiago.
A Televisión de Galicia gústalle insistir nas noticias cando son perxudiciais para o PSdeG. Mesmo non lle importa repetilas se así lembra asuntos espiñentos para os socialistas. Seguir lendo
A querencia dos responsables dos servizos informativos pola información municipal parece diluirse cando se trata de informar de asuntos incómodos para o Partido Popular.
26 de decembro. A xuíza Pilar de Lara imputou 12 persoas do Concello Da coruña, entre concelleiros e técnicos municipais, no marco da «operación Pikachu», unha rama da «Pokemon», que investiga unha rede de supostas contratacións irregulares a favor do grupo empresarial Vendex.
Debe estar conectado para enviar un comentario.