Que a verdade non che estrague un titular

JOVENES   

Ningún dos telexornais da Televisión de Galicia do martes 30 de decembro informou da enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre as condicións de vida das familias galegas. O informe reflicte, entre outros datos, que a crise e a situación económica obrigan ó 60% dos mozos galegos a continuar vivindo na casa dos pais ou que o risco de probreza cernese xa sobre 16 de cada 100 fogares galegos. Seguir lendo

A pobreza non é noticia, unha plantación de cabazas grandes, si

 pobreza

 

17 de outubro. Dia Mundial contra a Pobreza. Non aparece nada no Telexornal Mediodía, onde si se da o día mundial contra a dor, como, noutras ocasións, efemérides similares sobre a reuma, a migraña, a fibromialxia ou calquera outra doenza.

Seguir lendo

A pobreza severa de 120.000 galegos non encaixa na TVG

 

índice

Mércores, 15 de maio: 120.000 galegos viven en situación de pobreza severa e 650.000 están en situación de exclusión social. Os datos son dun documento de Cáritas que se presentou a media mañá en Santiago.

Os medios de comunicación dan conta do terrible dato.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/caritas-situa-120-mil-personas-viven-pobreza-severa-galicia/idEdicion-2013-05-15/idNoticia-806735/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/15/galicia/1368630416_281915.html

http://elprogreso.galiciae.com/nova/251230-cerca-120000-gallegos-viven-pobreza-severa-dice-caritas

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/15/galicia-120000-personas-viven-pobreza-severa/00031368620520003618944.htm

Os Telexornais non falan do tema, malia que os datos son de Galicia e presentáronse en Santiago. Prefiren, en cambio, falar dun informe do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas no que Galicia aparece como unha das comunidades onde diminuiu a desigualdade.

http://www.crtvg.es/informativos/a-pobreza-aumentou-en-espana-un-8-con-mais-diferenzas-entre-rexions-586756