O xoves 26 de setembro, traballadores de Navantia e algúns afectados polas preferentes acceden ao concello de Ferrol e provocan a suspensión do pleno que se ía desenvolver minutos despois.
O xoves 26 de setembro, traballadores de Navantia e algúns afectados polas preferentes acceden ao concello de Ferrol e provocan a suspensión do pleno que se ía desenvolver minutos despois.
Eureka !!!, que diría Arquímedes. Á sexta foi a vencida !!!. Por fin, o xoves 22 de agosto A TVG INFORMA SOBRE O ALCALDE DE BARALLA, que semanas atrás xustificou as condenas a morte do franquismo.
As novas relacionadas coas participacións preferentes non sempre son ben recibidas en TVG. Desde que a dirección de informativos frenou -cando xa estaba elaborada e a piques de emitirse- a primeira noticia que se ía dar sobre este asunto, sucedéronse diferentes formas de censura en torno a este ‘corralito’ que ten atrapados os aforros de milleiros de galegos. Desde versións interesadas ata omisión de protestas e mobilizacións.
O TX mediodía silenciou o 2 de maio por completo os enfrontamentos xurdidos esta mañá no concello de Nigrán entre afectados polas preferentes e a policía local.
Os afectados aseguraron que os axentes a emprenderon “a porrazos” con eles, incluidos vellos, cando estes trataban de interromper o pleno.
O concello, pola súa banda, dixo que a policía se vira obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados que “se tapaban con pasamontañas e capuchas” trataron de entrar pola forza.
O alcalde trasladou entón o pleno ata o auditorio e os afectados declararon ao rexedor como “inimigo público número 1”.
A nova, silenciada pola TVG, aparece nas primeiras páxinas dos xornais máis importantes de Galicia e nas axencias de noticias (Europa Press).
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/02/espana/1367494665.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.