O venres 27 de setembro coñécese unha noticia de enorme relevancia dentro da igrexa católica: o Papa Francisco destitúe a un bispo peruano -seica pertencente ao Opus Dei- acusado de pederastia.
A sanción aplicada a Gabino Miranda, bispo auxiliar de Ayacucho, é a máis rigorosa das penas para un crego: a perda total desa condición
A información ten unha rápida e extensa repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo, polo feito en si e porque o Papa Francisco volve dar un exemplo de rectitude dentro da propia igrexa, tal e como fixo hai uns días cando declarou que él nunca foi de dereitas.
http://www.clarin.com/mundo/Francisco-destitucion-peruano-acusaciones-pedofilia_0_1000700269.html
A pesar da importancia da noticia, os responsables de informativos da TVG volven de novo ás andadas: NON DAN NIN UN SEGUNDO SOBRE O ASUNTO.
Debe estar conectado para enviar un comentario.