Puy e a visión do PP sobre a alianza do BNG con Bildu

puy

17 de marzo. Pedro Puy, voceiro parlamentario do PP, dixo que non cre que o BNG “lexitime” o terrorismo coa súa alianza con Bildu para as eleccións europeas nin ten “ningún motivo” para pensar que “apoie prácticas violentas”.

Seguir lendo

Quen fala da Conferencia do PSOE ??… os do PP

 

O luns 11 de novembro, continúan a repercusión e as reaccións á trascendental conferencia política celebrada polo PSOE durante a fin de semana.

A TVG fai referencia á mesma no Telexornal mediodía, xa bastante avanzado o informativo. Primeiro emitindo un video resumo do acontecido:

http://www.crtvg.es/informativos/xornada-de-analise-da-conferencia-politica-do-psoe-697269

Pero logo ven o partidismo ao recoller declaracións. Só se ofrece a opinión da voceira parlamentaria do PSOE, Soraya Rodríguez:

http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-cre-que-o-partido-saiu-fortelecido-da-conferencia-politica-697268

Fala outro membro máis do PSOE… José Bono… pero para dicir que prefire pactos co PP que con Esquerda unida:

http://www.crtvg.es/informativos/bono-prefire-que-o-psoe-se-entenda-co-pp-antes-que-con-eu-697267

… Despois chega a declaración da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-cre-que-o-psoe-vira-cara-a-unha-radicalidade-que-non-e-boa-para-espana-697266

E o máis sorprendente e incongruente: fala… Pedro Puy !!! sobre isa Conferencia do PSOE. E fala 44 segundos!!

http://www.crtvg.es/informativos/pedro-puy-pidelle-ao-psoe-que-se-defina-en-temas-claves-para-o-pais-697265

Outro exemplo máis de equilibrio informativo e neutralidade dos responsables de informativos da TVG, neste caso no Telexornal mediodía.

Barra libre para o PP

índice

 

Luns, 20 de maio: o voceiro do BNG, Xavier Vence, comparece en rolda de prensa para expresar as súas críticas sobre a eventual redución de partidos xudiciais (un asunto que está a causar unha gran polémica en Vigo, balbordo silenciado pola TVG). Na rolda de prensa, Vence fala tamén da “volta ás catacumbas” que, ao seu entender, supón a chamada lei Wert, dos contactos con Anova e da redución de deputados no Parlamento de Galicia. Pero nos Telexornais só se ofrece a súa declaración sobre os partidos xudiciais (á reforma electoral só hai unha mención dos presentadores).

http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-oporase-en-madrid-e-galicia-se-o-ministerio-opta-por-reducir-os-partidos-xudiciais-a-un-por-provincia-589479

Tamén houbo rolda de prensa do PP. O seu voceiro, Pedro Puy, falou de varios asuntos de actualidade (a LOMCE e a redución de deputados). Neste caso si se ofreceron as súas declaracións sobre estes dous asuntos.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-respecta-o-posible-recurso-pero-di-que-a-lomce-non-afecta-o-modelo-lingueistico-de-galicia-589481

http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-popular-agarda-pola-resposta-da-oposicion-a-oferta-de-dialogo-sobre-a-reducion-de-deputados-589480