Declaracións da Pokemon silenciadas

conde roa.jpeg

 

8 de xullo. O exalcalde de Santiago de Compostela Gerardo Conde Roa do Partido Popular declarará novamente o 9 de xullo ante o titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, que instrúe a «operación Pokemon», na que está imputado. Proximamente tamén comparecerá ante esta xuíza, en calidade de testemuña, a voceira do PPdeG, Paula Prado. Seguir lendo

PP e AGE polemizan sobre os presos vascos, pero só escoitamos o PP

 

Xoves, 4 de xullo: O Telexornal Serán informa sobre a xuntanza de deputados de AGE con membros da plataforma Herrira de defensa dos dereitos dos presos vascos. No informativo vense imaxes da xuntanza, pero non se ofrece ningunha declaración dos deputados nacionalistas. Seguir lendo

Segue a teima co Valadouro… ou con Besteiro ???

 

O concello lugués do Valadouro ten novo alcalde (Edmundo Maseda, do PS de G-PSOE) desde hai dous días, despois de que unha moción de censura apoiada polo propio PSOE, o BNG e os independentes de Udival, botase fora do goberno ao PP, que se mantiña no poder desde hai 25 anos.

Pero se xa os días anteriores á celebración do pleno no que prosperou a moción, a TVG recolleu reiteradamente intervencións de membros do PP criticando o acordo de PSOE e Udival (se algún deles racha o pacto, deberá pagar 100.000 €), este mércores 5 de xuño o Telexornal mediodía volve ofrecer DECLARACIÓNS DO PP, NESTE CASO DA VOCEIRA DO PARTIDO EN GALICIA, PAULA PRADO, criticando novamente a moción, PERO CENTRÁNDOSE NO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO XOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO (PSOE):

http://www.crtvg.es/informativos/paula-prado-cualifica-de-traizon-a-mocion-de-censura-no-valadouro-601388

Días antes da moción, nos Telexornais da TVG xa se ofreceron opinións do secretario xeral do PP de Lugo, Xosé Manuel Balseiro, e do presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, ámbolos MOI CRÍTICOS CON GÓMEZ BESTEIRO. E non se deu ningunha declaración dos outros partidos.

A que ven agora insistir no do Valadouro e, sobre todo, nos ataques do PP ao presidente da Deputación de Lugo ???

Será coa intención de dinamitar e menosprezar a Gómez Besteiro, un dos candidatos para ser o próximo secretario xeral do PS de G-PSOE – e seica con bastantes posibilidades de ser elexido – ???.