Só a versión “oficial” do paro

índice

 

Como ven sendo xa unha practica habitual, a Televisión de Galicia obviou por completo as opinións das centrais sindicais sobre a baixada do paro en España e en Galicia. Por non emitir, nin se emitíu ningunha declaración de ningún representante político da oposición nin no Parlamento español nin tampouco no de Galicia.

 Os informativos da TVG emitiron unicamente as opinións dos representantes do goberno español e autonómico, e de ahí non pasou a cousa. Sin entrar en grandes detalles, os informativos da galega (o telexornal serán repetiu exactamente os mesmos videos que se fixeron para o Telexornal do mediodía) non fixeron tampouco mención ningunha a que case todos os novos contratos son temporais e do sector da hostalaría pola chegada do verán, algo que sí salientaron todos os medios.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sindicatos-avisan-contratacion-aumenta-debido-temporal/idEdicion-2013-06-04/idNoticia-810136/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/06/05/contratos-verano-maquillan-paro-plena-crisis/0003_201206G5P34991.htm

http://economia.elpais.com/economia/2013/06/04/actualidad/1370329043_021703.html

O desemprego de longa duración “non existe”

parados

 

O desemprego de longa duración medrou en Galicia un 45,7% nun ano e en España máis dun millón de parados xa levan 3 ou máis anos sen traballo.

 

Son datos feitos públicos o 22 de maio polo Instituto Nacional de Estatística (INE), relativos á submostra da enquisa de poboación activa, España pechou o 2012 con 1.047. 300 desempregados que traballaran por última vez tres ou máis anos antes.

 

Unha información que aparece nos medios:

 

http://www.abc.es/economia/20130522/abci-parados-larga-duracion-201305221157.html

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/22/economia/1369219478.html

 

http://economia.elpais.com/economia/2013/05/22/actualidad/1369214876_626136.html

 

http://www.publico.es/dinero/455815/uno-de-cada-cinco-parados-lleva-tres-o-mas-anos-sin-trabajar

 

http://www.farodevigo.es/economia/2013/05/22/paro-larga-duracion-disparo-48-2012/814922.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/05/23/millon-parados-llevan-3-anos-trabajo/0003_201305G23P31992.htm

 

 

Na Galega non.

“O SERGAS CURA O CANCRO, O INEM MATA DE FAME”

 sergas

Unha enferma de cancro iniciou o martes, 21 de maio unha folga de fame en Vigo co obxectivo de denunciar que “están modificando as leis e facéndoas moito máis duras para as persoas” que, como ela, están nunha “situación límite”.

 

Outros medios recollen as denuncias desta muller:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/22/sergas-cura-cancer-inem-mata-hambre/00031369224341036361865.htm

 

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/22/enferma-cancer-inicia-huelga-hambre-vigo/814987.html

 

A Televisión de Galicia non se fai eco desta noticia.

¿Foro aberto?

2009-10-31_IMG_2009-10-24_00.36.37__1996194

O programa dos servizos informativos da TVG “Foro aberto”, que presenta Carlos Luis Rodríguez, pretende se-lo espazo de debate social e político da casa.

Á marxe de que xa ten habido numerosas críticas pola tendenciosidade e partidismo do mencionado presentador (moi favorable ao PP), queremos facer fincapé no programa emitido o xoves 25 de abril, o mesmo día no que se coñeceron os dramáticos datos do paro en España.

“Foro aberto”, cunha hora de duración, deulle moita máis importancia (comezando con ese asunto) ao asedio ao Congreso dos deputados, e á sesión vivida no Parlamento de Galicia co incidente de Beiras co presidente da Xunta, e mesmo aos accidentes de tráfico (ao fío da sentenza a Ortega Cano).

 

a

Por certo, non se perdan (ao redor do minuto 18) a presentación dese tema por parte de Carlos Luis Rodríguez, centrandoo nos 20 anos que se cumpriron do “zapatazo” de Beiras, e que dentro doutros 20, lembrarase o puñetazo no escano de Feijoo…

A analiza-la terrible situación do paro adicáronse dez (10) minutos !!!, do total dunha hora de “Foro aberto”. Ademáis foi tratado en terceiro lugar. En cuarto lugar foi o dos accidentes, pero con bastante máis tempo co paro.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto

“Foro aberto” ten uns datos de audiencia baixísimos. Non é de estranar, porque en lugar de facer honra ao seu título, é outra caixa de resonancia do PP, e o presentador nin sequera o disimula.

Ocultando que o goberno recoñece a gravidade da situación

De-Guindos-Sáenz-de-Santamaría-y-Montoro

Venres 26 de abril. O goberno recoñece que o paro (o día anterior soubéronse os dramáticos datos que rexistra España) non baixará durante esta lexislatura, non se cumprirá o obxectivo de déficit como mínimo ata 2016, e tampouco se lle baixará o Imposto da Renda (IRPF) aos cidadáns, tal como prometera Rajoy. Así o destacan amplamente os máis importantes xornais…

 

http://www.elmundo.es/elmundo/hemeroteca/2013/04/26/t/index.html

 

http://elpais.com/hemeroteca/elpais/2013/04/26/t/portada.html

 

O TX mediodía da TVG, tanto na conexión en directo que se fai con Madrid coma nos videos sobre as medidas do goberno, “disimula” e “oculta” a incapacidade do goberno para sair da crise, e inclúe declaracións de De Guindos e Sáenz de Santamaría na liña de confusión e xogos de frases técnicas e case incomprensibles tan habituais nalgúns dirixentes do PP.

 

O propio titular da nova na web é xa tendencioso: “O goberno aproba novas medidas contra a crise e revisa as previsións económicas…

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-aproba-novas-medidas-contra-a-crise-e-revisa-as-previsions-economicas-anuncia-que-non-subiran-nin-o-irf-nin-o-ive-575103

 

Sempre a OBSESIÓN por ocultar datos negativos de calquera cargo ou institución do PP… de non ofrece-la realidade tal e como é… mesmo cando o propio goberno o recoñece…

A emigración “motivo de optimismo” para Esperanza Aguirre

 

 

esperanza-aguirre

Só uns días despois de que a Ministra de Traballo, Fátima Báñez, falase de “MOVILIDADE EXTERIOR” referíndose á marcha dos españois a traballar ao estranxeiro, outra ilustre representante do PP, Esperanza Aguirre, asegura que esa emigración en busca de traballo é “MOTIVO DE OPTIMISMO” !!!!!.

 

http://www.eldiario.es/lacrispacion/Aguirre-Espana-mejor-ultima-crisis_6_126397361.html

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/27/actualidad/1367067140_391308.html

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/04/27/aguirre-dice-salida-jovenes-espanoles-extranjero-motivo-optimismo/00031367072669699108192.htm

 

No Telexornal serán do sábado 27, si fala o presentador (con moita rapidez, claro…) de “polémicas” declaracións de Aguirre, pero as verbas que se emiten no video de Esperanza Aguirre son que “A SITUACIÓN É O DOBRE MELLOR QUE NA ANTERIOR RECESIÓN E SAIREMOS DESTA”…