Arquivo por etiquetas: Parlamento
Chambonada xornalística ou a arte de terxiversar a realidade coa comisión de Angrois
29 de outubro. O PPdeG volveu rexeitar cos seus votos a petición e AGE e BNG de creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de tren do pasado 24 de xullo en Angrois, onde morreron 79 persoas, ao alegar que o Parlamento galego “non” ten competencia” para iso, senón que a rede ferroviaria depende do Ministerio de Fomento. Pola súa banda, os socialistas manteñen a súa postura de absterse neste debate.
Para o PPdeG o caso Bárcenas non existe
29 de outubro. O PP volve rexeitar no Parlamento galego unha moción do grupo socialista, apoiada por AGE e BNG, para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo comparecese na Cámara autonómica para dar explicacións sobre o presunto financiamento irregular do seu partido.
Só o “negativo” do deputado de AGE que marcha
O martes 22 de outubro o deputado de AGE, David Fernández Calviño, decide deixar a política pola investigación na Universidade de Copenhague, en Dinamarca.
Nada sobre a comparecencia do director xeral

O PP rexeita unha comisión de investigación no accidente de Angrois
Ocultando os enfrontamentos no debate
11 de setembro 2013. Pleno no Parlamento de Galicia marcado pola tensión e os enfrontamentos entre eles un de Feijóo con Yolanda Díaz de AGE, por mor do caso Bárcenas e os contratos con Marcial Dorado que recollen varios medios galegos. O presidente da Xunta dixo sentir vergoña do ex tesoureiro.
Unha nova denuncia de eunonmanipulo chega ó Parlamento
A finais da pasada semana, Compromiso por Galicia (CxG) denunciou no Parlamento de Galicia o ocultamento informativo da TVG.
O escrito da formación política denunciaba que ningún informativo da canle autonómica recolleu a denuncia presentada por CxG ante a fiscalía para que investigase o presunto financiamento irregular do Partido Popular de Galicia.
Xa no seu día, eunonmanipulo denunciou públicamente a ocultación da noticia.
https://eunonmanipulo.wordpress.com/tag/compromiso-por-galicia/
Isto é imparcialidade e equidade?
O martes 20 de agosto foi un día de comunicados. Cada partido sacou o seu (AGE e BNG fixérono conxuntamente). O tratamento informativo na TVG non foi nada ecuánime. Xulgade vós mesmos.
Só se deu en directo unha intervención completa: a de Rajoy

Debe estar conectado para enviar un comentario.