Martes, 9 de xullo. Ofensiva da oposición para que o presidente do Goberno compareza no Congreso dos Deputados para dar explicacións polos papeis de Bárcenas. Seguir lendo
Arquivo por etiquetas: Papeis de Bárcenas
Crespo ameaza con tirar da manta e a TVG mira para outro lado
3 de xullo. O xornal Faro de Vigo publica unha entrevista en exclusiva con Pablo Crespo, secretario de organización do PP nos 90 e un dos principais encausados na trama Gürtel. Crespo sinala que despois de pasar 1.090 días no cárcere agroma ese “ánimo de que se saiba a verdade”. Seguir lendo
Mayor Oreja… empresario
28 de maio de 2013. O ex presidente de FCC José Mayor Oreja admitiu ante o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz que no ano 2011 se realizaron dúas doazóns de 20.000 e 40.000 euros ao Partido Popular a través dúas sociedades controladas pola compañía e que non contrataron coa administración pública en 2011.
Nesta información no marco do Caso Bárcenas no informativo Telexornal Serán non se da un dato relevante, José Mayor Oreja é irmán do ex ministro do Interior Jaime Mayor Oreja, do Partido Popular.
Tampouco se apunta que os ‘papeis de Bárcenas’ atribúen ao ex presidente de FCC Construción, entregas ao PP por valor de 165.000 euros. Segundo o informe da UDEF, as administracións ‘populares’ adxudicáronlle entre 2002 e 2012 un total de 587 obras por un importe de 4.132,58 millóns de euros dos 1.615 contratos públicos que recibiu nese período por valor de 15.004 millóns de euros.
http://www.abc.es/espana/20130528/abci-empresarios-donaciones-201305281822.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/05/28/actualidad/1369751484_277881.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/28/espana/1369726428.html
Imputados por doazóns ilegais ao PP: penoso e lamentable
O martes 30 de abril coñécese que o xuiz Pablo Ruz IMPUTA a 8 empresarios que, presuntamente, doaron cartos ilegalmente ao PP, e tamén a PABLO CRESPO, coñecido como “nº 2 da trama Gürtel”, que tamén figura como doante nos chamados “papeis Bárcenas”, cando en 1999 era secretario de organización do PP en Galicia.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/30/espana/1367336227.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/30/actualidad/1367335356_489880.html
http://www.abc.es/espana/20130430/abci-dirigentes-empresarios-201304301724.html
É unha noticia moi destacada, tal e como reflicten nas primeiras páxinas os principais xornais españois.
Sen embargo, o Telexornal serán da TVG ofrece a información… NO 17º LUGAR… E 30 SEGUNDOS !!!… e por suposto… SEN DICIR QUE PABLO CRESPO ERA UN ALTO CARGO DO PP de Galicia cando, supostamente, cometeu o delicto.
Outro penoso e lamentable caso de manipulación informativa e ocultación nun dos casos máis “sangrantes” de corrupción na historia da democracia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.