Silencio sobre a destitución dun bispo pederasta

gabino-miranda

O venres 27 de setembro coñécese unha noticia de enorme relevancia dentro da igrexa católica: o Papa Francisco destitúe a un bispo peruano -seica pertencente ao Opus Dei- acusado de pederastia.

A sanción aplicada a Gabino Miranda, bispo auxiliar de Ayacucho, é a máis rigorosa das penas para un crego: a perda total desa condición

A información ten unha rápida e extensa repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo, polo feito en si e porque o Papa Francisco volve dar un exemplo de rectitude dentro da propia igrexa, tal e como fixo hai uns días cando declarou que él nunca foi de dereitas.

http://www.europapress.es/latam/peru/noticia-peru-papa-destituye-obispo-peruano-acusado-pederastia-20130927173330.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/09/27/papa-francisco-destituye-obispo-peruano-acusado-pederastia/00031380297503475652154.htm

http://www.clarin.com/mundo/Francisco-destitucion-peruano-acusaciones-pedofilia_0_1000700269.html

http://www.elobservador.com.uy/noticia/261176/el-papa-francisco-destituyo-a-un-obispo-peruano-por-pedofilia/

A pesar da importancia da noticia, os responsables de informativos da TVG volven de novo ás andadas: NON DAN NIN UN SEGUNDO SOBRE O ASUNTO.

As Harley e a cazadora de coiro do papa

 

 harley

O venres 14 de xuño, o Telexornal serán (de novo o Tx serán con estes asuntos… porqué será … ???) emite unha información RELEVANTE E DECISIVA sobre o papa Francisco: REGÁLANLLE DÚAS MOTOS HARLEY DAVIDSON E UNHA CAZADORA DE COIRO… polos 110 anos da mítica compañía moteira: Seguir lendo