O martes 17 de decembro, o xornal “El mundo” publica que o ex-presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, pagou 2’15 millóns de euros ao contado por unha mansión nunha exclusiva urbanización de Madrid.
Blesa -estreitamente vencellado ao PP e considerado íntimo amigo do ex-presidente do goberno José María Aznar- estivo recentemente no cárcere e actualmente ten dúas causas xudiciais abertas pola súa xestión fraudulenta.