
O venres 12 de setembro a xuiza Pilar de Lara, que instrúe a chamada “operación Pokémon” por suposta corrupción, emite un auto polo que solicita a contabilidade do PP na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.
O venres 12 de setembro a xuiza Pilar de Lara, que instrúe a chamada “operación Pokémon” por suposta corrupción, emite un auto polo que solicita a contabilidade do PP na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.
O venres 14 de marzo, o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do PP, mantén un encontro con xornalistas no que recoñece que non está orgulloso de determinadas actitudes e comentarios seus que están recollidos no sumario da operación Pokemon, na que está imputado. O edil cualificounas de “reprochables”.
Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.
Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.
Despois de que onte, día 3 de marzo, o Telexornal Serán apenas dedicase medio minuto á decisión xudicial de sentar no banquiño a sete membros do concello de Santiago, do PP, hoxe, 4 de marzo, o Telexornal Mediodía foi máis xeneroso cos tempos, pero só para darlle voz ó PP.
5 de febreiro. Os xornais publican que o sumario da operación Pokemon desvela que o PP de Santiago destituíu funcionarios para colocar outros afines que non puxeran trabas ás súas xestións.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/04/galicia/1391547343_777396.html
O Telexornal Mediodía da TVG non da nada. E tampouco informa de que PP e PSOE queren que a Pokemon non chegue ao Parlamento.
Si emite as explicacións do presidente da Deputación da Coruña, do PP, sobre un suposto enchufe.
Tamén sae noutros medios:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/05/galicia/1391616557_294842.html
E pouco máis; un video no que lembra que as orixes desta trama de susposta corrupción municipal están en Lugo.
Será que, igual que PP e PSdeG-PSOE, quere que se fale o menos posible deste asunto ?
8 de xullo. O exalcalde de Santiago de Compostela Gerardo Conde Roa do Partido Popular declarará novamente o 9 de xullo ante o titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, que instrúe a «operación Pokemon», na que está imputado. Proximamente tamén comparecerá ante esta xuíza, en calidade de testemuña, a voceira do PPdeG, Paula Prado. Seguir lendo
O 4 de marzo de 2013 Conde Roa, declarou durante sete horas en Lugo, abandonando o xulgado as 20:30. Na información que se deu no Telexornal Serán afirmábase que “podería” ser imputado por prevaricación e suborno, cando un teletipo da axencia Europa Press das 20:49 xa confirmaba a súa imputación por prevaricación, suborno e tráfico de influencias. O informativo comezou ás 20:58 e ten unha duración de 47 minutos, en todo ese tempo non se confirmou o a imputación. Tampouco se fixo referencia a que o ex alcalde de Santiago pertence o Partido Popular.
http://www.crtvg.es/informativos/declara-conde-roa-como-imputado-na-operacion-manga-542145
Debe estar conectado para enviar un comentario.