A obra pública segue caendo… e non existe na TVG

ANA PASTOR AVANZA QUE SOLO SE PARARÁN OBRAS DEL AVE POR PROBLEMAS TÉCNICOS, NO ECONÓMICOS

 

O venres 19, un informe da Federación galega da construcción resalta que a obra pública caeu en 2012 por cuarto ano consecutivo (anos de goberno do PP), sendo o Estado o que máis investíu: o 85 % do total. A XUNTA SÓ ADXUDICOU UN 5 %, e as deputacións unicamente o 2’3 %.

 É un dato preocupante, que expón a situación de penuria económica e de recursos nas Administracións de Galicia. Varios xornais destácano.
 E outro detalle preocupante: só o 25 % da obra pública foi outorgada ás empresas galegas, cando en 2011 fora do 55 %.
 NINGÚN INFORMATIVO DA TVG alude a esta información, importante para coñecer que con ese descenso continuo da OBRA PÚBLICA en Galicia, paralízase o crecemento e non hai xeración de emprego.