Arquivo por etiquetas: Nigrán
Outro día sen preferentes
O TX mediodía silenciou o 2 de maio por completo os enfrontamentos xurdidos esta mañá no concello de Nigrán entre afectados polas preferentes e a policía local.
Os afectados aseguraron que os axentes a emprenderon “a porrazos” con eles, incluidos vellos, cando estes trataban de interromper o pleno.
O concello, pola súa banda, dixo que a policía se vira obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados que “se tapaban con pasamontañas e capuchas” trataron de entrar pola forza.
O alcalde trasladou entón o pleno ata o auditorio e os afectados declararon ao rexedor como “inimigo público número 1”.
A nova, silenciada pola TVG, aparece nas primeiras páxinas dos xornais máis importantes de Galicia e nas axencias de noticias (Europa Press).
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/02/espana/1367494665.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.