As novas relacionadas coas participacións preferentes non sempre son ben recibidas en TVG. Desde que a dirección de informativos frenou -cando xa estaba elaborada e a piques de emitirse- a primeira noticia que se ía dar sobre este asunto, sucedéronse diferentes formas de censura en torno a este ‘corralito’ que ten atrapados os aforros de milleiros de galegos. Desde versións interesadas ata omisión de protestas e mobilizacións.