A TVG vai á concentración de Greenpeace en Muros… e non se da

scale

 

O luns 13 de maio houbo na ría de Muros unha gran concentración marítima promovida por Greenpeace, para reclamar unha reforma da Política pesqueira común (PPC), que respecte a pesca sostible.

Participou o propio barco da organización ecoloxista, xunto con numerosas embarcacións de pesca da zona.

Coincidíu ademáis coa reunión en Bruxelas dos ministros de Pesca da Unión Europea, na que abordaron isa mesma reforma da PPC.

Moitos medios de comunicación trataron amplamente a noticia.

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/05/13/barco-greenpeace-muros-apoyar-pesca-artesanal/721621.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/05/14/cincuenta-barcos-sumaron-protesta-greenpeace-muros/0003_201305B14C3991.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/barcos-artesanais-manifestanse-greenpeace-na-ria-muros-pedir-apoio-pesca-sostible/idEdicion-2013-05-13/idNoticia-806413/

http://praza.com/movementos-sociais/4446/mais-de-50-barcos-manifestanse-na-ria-de-muros-contra-a-politica-pesqueira-europea/

A TVG non deu absolutamente nada nos informativos. E PARA MAIOR VERGOÑA, mariñeiros que estiveron alí contan (moi indignados) que HABÍA UN EQUIPO DA TVG gravando imaxes e falando cos participantes.

Nin o Tx serán do día 13, nin o Bós días ou o Telexornal mediodía do día 14 deron un só segundo da concentración.

Ademáis de manipulación informativa, GASTO INÚTIL DE CARTOS E MEDIOS PÚBLICOS POLA MALA FE E/OU INCOMPETENCIA DOS RESPONSABLES DE INFORMATIVOS DA TELEVISIÓN DE GALICIA.