
O venres 31, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acode á comisión de presupostos do Parlamento para explicar as contas do seu departamento para 2015.
Pero como era de agardar, a Mato chovéronlle as críticas da oposición pedíndolle explicacións tralas revelacións do sumario da “operación Zeta”, a presunta trama de fraude de contratos e subvencións para a formación procedentes disa Consellería.
Mesmo desde AGE e o BNG, pediron a súa dimisión, ao considerar que está directamente implicada na posible corrupción.