O descarado partidismo na moción do Valadouro

fotonoticia_20130114190444_500

 

O sábado 25 de maio, a CUARTA NOTICIA do Telexornal mediodía da fin de semana son unhas EXPLOSIVAS DECLARACIÓNS DE XOSÉ MANUEL BARREIRO (presidente do PP de Lugo) sobre a moción de censura no concello lugués do Valadouro.

 

Isa moción, acordada polo PSOE, o BNG e os independentes de Udival, botará da alcaldía ao actual rexedor, José Manuel Lamela (PP). PSOE e Udival decidiron que, se algún dos dous incumpre o pacto, deberá pagarlle á outra formación 100.000 euros.

 

No Telexornal da TVG, o presidente provincial do PP lugués despáchase a gusto dicindo que “se comprou un goberno”… que “o sr. Besteiro se converteu nun mercader da política”… e que “tense que pronunciar o sr. Rubalcaba”… e MESMO INSINÚA QUE TAMÉN PUIDO HABER PACTOS “ECONÓMICOS” NA DEPUTACIÓN E NO CONCELLO DE LUGO:

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-partido-popular-pide-explicacions-pola-mocion-de-censura-anunciada-no-concello-lugues-do-valadouro-593593

 

No TX da fin de semana NON SE OFRECE NINGUNHA OPINIÓN DE PSOE, BNG, NIN INDEPENDENTES DO CONCELLO, NIN POR SUPOSTO DE ALUDIDOS COMO BESTEIRO (PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN LUGUESA). SÓ SE DA A VERSIÓN DO PP.

 

E moitísimo menos se ofrecen as explicacións da voceira de Udival, Mª José Fernández Díaz, que exixíu a “clausula económica” PORQUE NO ANTERIOR MANDATO DO PP, UN PACTO SUBSCRITO COS CONSERVADORES -AVALADO POLO PROPIO XOSÉ MANUEL BARREIRO-, FOI INCUMPRIDO POLO PARTIDO POPULAR:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2013/05/24/pp-acusa-psoe-udival-poner-precio-alcaldia-valadouro/00031369413234064115217.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

 

É dicir, os independentes de Udival, escaldados polos incumprimentos do PP, asinan un pacto para que non se repita…

A mala intención coa moción de censura no Valadouro

O venres 24 de maio, só un día despois de que os partidos da oposición no concello lugués de Valadouro presentasen unha moción de censura contra o alcalde do PP, José Manuel Lamela (NOTICIA QUE NON OFRECEU A TVG), os Telexornais mediodía e serán SI DESTACAN QUE O PACTO entre o PSOE e os independentes de Udival contempla que se algún deles o racha, terá que pagar 100.000 euros.

      As informacións SÓ SE CENTRAN NESE ASPECTO DA MOCIÓN DE CENSURA, buscando dun xeito descarado que a xente interprete a moción de censura unicamente como de comenencia económica:
     Non se alude – por exemplo – a que o próximo alcalde, o socialista Edmundo Maseda, cobrará 15.000 euros ao ano (bastante menos que os 35.000 que cobra o actual do PP), e que a oposición (tamén está o BNG aínda que non entrará no goberno municipal) pretende cambia-lo estilo de goberno do PP, que seica ten o concello nunha situación de abandono e ingobernabilidade:
      Resumo: cando se presenta a moción de censura, NON SE DA NA TVG… E DESPOIS INFÓRMASE (con moita amplitude nos TX) “INSINUANDO” QUE O PACTO PARA BOTAR AO PP DA ALCALDÍA É SÓ ECONÓMICO…