“O aborto ten algo que ver coa ETA, pero non demasiado”

 

índie

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, pediulle a un xornalista que lle preguntaba sobre o aborto en medio da súa comparecencia sobre ETA, que esperara ata o final, xa que os dous asuntos, dixo, “algo teñen que ver, pero non demasiado”.

Aquí o podedes escoitar:

http://www.rtve.es/noticias/20130507/fernandez-diaz-dice-aborto-eta-algo-tienen-ver-pero-demasiado/658001.shtml

A TVG non recolleu o desliz do ministro en ningún Telexornal.

Sen noticias sobre a homofobia do Ministro do Interior

jorge fernández-díaz

 

O martes 23 de abril, o Ministro do Interior, Jorge Fernández, REAFIRMOU durante unha comparecencia no Senado O SEU REXEITAMENTO AO MATRIMONIO HOMOSEXUAL, tal e como fixera o mes pasado, cando mesmo foi reprobado polo seu propio Partido, o PP.

Fernández non se retractou para nada do que dixo entón, cando afirmou que “o matrimonio homosexual non debe te-la mesma protección co matrimonio natural, porque a pervivencia da especie non estaría garantida” (sic).
As súas declaracións desataron inmediatamente todo tipo de críticas, xa no propio Senado.
 Nos Informativos de TVG non sae nada sobre o asunto.