17 de marzo. O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia apuntou que a carga por parte dos membros da unidade de antidisturbios o pasado martes na manifestación do sector da frota do cerco foi “proporcionada” e que se debeu actuar antes.
Arquivo por etiquetas: Manifestación
As manifestacións europeas contra a reforma española da lei do aborto, fóra dos Telexornais
Nos últimos días celebráronse en distintas capitais europeas manifestacións de repulsa pola reforma da lei do aborto promovida polo goberno español.
Primeiro os datos da Xunta, despois os cidadáns e o Monte Pindo
6 de outubro. En Santiago centos de persoas maniféstanse convocados pola Asociación Monte Pindo, e apoiada por 80 colectivos máis, para esixir á Xunta medidas de prevención nos montes contra os incendios e reclamar a condición de parque natural para este enclave arrasado polo lume.
O trato (des)informativo das mobilizacións das preferentes
A rolda de prensa sindical que nunca se emitíu

Milleiros de lucenses reclaman servicios hospitalarios…. que a Xunta xa está dando
Tódolos medios recollen a multitudinaria manifestación celebrada o 6 de xuño en Lugo para reclamar servicios para o Hospital Lucus Augusti.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/06/galicia/1370546659_294840.html
Televisión de Galicia támén, pero nunha información bastante máis breve que emite o Telexornal Serán na que comprime a propia manifestación, a versión da Xunta a os investimentos que ese mesmo dái anuncia o DOG para o centro sanitario lugués. Outra vez unha contramanifestación.
Ollo co enlace, porque de novo esta noticia non aparece con titular propio na web. Está a partir do mintuo 1.31
Mina non, mina si, mina si….
2 de xuño. O colectivo contraMINAcción convoca unha manifestación en Santiago contra o proxecto de minería a ceo aberto que unha empresa canadense quere facer en Cabana de Berganitños, apoiado pola Xunta de Galicia. Seguir lendo
Os problemas en Ferrol… e os graves incidentes no concello
O xoves 30 de maio, uns 3.000 traballadores de Navantia e empresas auxiliares de Ferrol maniféstanse pola cidade e cortan o tráfico na ponte das Pías, con barricadas e fogueiras de neumáticos. Seguir lendo
Salvemos Galicia… na TVG non
Un novo apoio a campaña de recollida de sinaturas dos colectivos ecoloxistas en contra das explotacións mineiras que teñen previsto comezar a súa actividade en Galicia.
Na plataforma Change.org xa teñen máis de 53.000 sinaturas e agora contan cun video que está colgado en youtube na que saen varios persoeiros amosando o seu apoio a esta iniciativa.
http://www.change.org/es/peticiones/que-no-arrasen-galicia-paremos-la-megaminer%C3%ADa-contaminante
Os colectivos que se opoñen afirman que “a Xunta dará o visto e prace a explotacións sen avaliar con rigor os seus efectos sociais, ambientais, económicos e para a saúde humana”.
Os actores Luis Zahera, Carlos Blanco, Javier Veiga, o xornalista Gonzo, o escritor Suso de Toro, o adestrador do Deportivo Fernando Vázquez son algúns deles.
A Galega non se fixo eco desta iniciativa. Outros medios si.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/20/galicia/1369078482_891478.html
O día 16 de maio convocouse unha manifestación para o 2 de xuño que tampouco tivo referencia algunha na canle pública galega.
Ocultando a terrible situación de Ferrol e o cabreo contra o PP
O Telexornal mediodía do martes 21 de maio informa -moi brevemente- da convocatoria dunha folga comarcal prevista para o 12 de xuño en Ferrol.
Na nova dise que os sindicatos convocan a folga pola falta de traballo na zona e pola diminución constante de poboación:
O que non se di é que a folga se fai tamén (segundo os sindicatos CC. OO., UXT, CIG e USTG), CONTRA A XUNTA, POLA SÚA INOPERANCIA, e CONTRA OS INCUMPRIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL (PP) E DO CONCELLO (PP).
Tampouco se comentan os TERRIBLES DATOS DO PARO en Ferrol: UN 32% !!!, moi por riba da media de Galicia.
Por certo: só se dan dous planos, DE INSTALACIÓNS MILITARES !!!; ningunha imaxe da rolda de prensa dos sindicatos (unidos na convocatoria), nin de mobilizacións anteriores.
Debe estar conectado para enviar un comentario.