Martes 3 de decembro. O Ministerio de Emprego e Seguridade social publica os datos do paro. O Telexornal mediodía da TVG destaca – tanto nos titulares coma na primeira información – que no mes de novembro o desemprego diminúe en España, pero
Martes 3 de decembro. O Ministerio de Emprego e Seguridade social publica os datos do paro. O Telexornal mediodía da TVG destaca – tanto nos titulares coma na primeira información – que no mes de novembro o desemprego diminúe en España, pero
O desemprego de longa duración medrou en Galicia un 45,7% nun ano e en España máis dun millón de parados xa levan 3 ou máis anos sen traballo.
Son datos feitos públicos o 22 de maio polo Instituto Nacional de Estatística (INE), relativos á submostra da enquisa de poboación activa, España pechou o 2012 con 1.047. 300 desempregados que traballaran por última vez tres ou máis anos antes.
Unha información que aparece nos medios:
http://www.abc.es/economia/20130522/abci-parados-larga-duracion-201305221157.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/22/economia/1369219478.html
http://economia.elpais.com/economia/2013/05/22/actualidad/1369214876_626136.html
http://www.publico.es/dinero/455815/uno-de-cada-cinco-parados-lleva-tres-o-mas-anos-sin-trabajar
http://www.farodevigo.es/economia/2013/05/22/paro-larga-duracion-disparo-48-2012/814922.html
Na Galega non.
A principal noticia política do domingo, 5 de maio foi a proposta do secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, dunha moratoria nos despidos ata 2015 por razóns económicas, unha das medidas contempladas no chamado Plan de reactivación da economía e de creación do emprego.
A TVG despacha a información cunha declaración de 27 segundos do líder socialista.
A cobertura da información contrasta coa que se deu nalgúns dos principais medios:
http://www.abc.es/espana/20130505/abci-plan-reactivacion-rubalcaba-201305051213.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/05/espana/1367750122.html
Ata en TVE a noticia tivo o tratamento propio dunha información de semellante alcance:
O mércores 27-3-13 (Semana Santa), rexístrase en Ferrol unha multidinaria manifestación (os xornais falan de 2.000 persoas) de traballadores do sector naval e empresas auxiliares, contra o incumprimento das promesas de contratos por parte dos gobernos do PP (concello, Xunta e goberno central). Na marcha escenificouse un “vía crucis” procesional, acorde coas datas, no que se criticaba directamente ao Ministro de Facenda, Montoro, e aos presidentes dos executivos de Galicia, Feijoo, e de España, Rajoy…
Debe estar conectado para enviar un comentario.