O luns 18 de novembro, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela (PP), pídelle “explicacións inmediatas” á presidencia de Navantia, a quen se dirixíu por carta, ao igual que á SEPI, sobre as “contradiccións” existentes en torno á adxudicación a asteleiros de Xapón e Corea da construcción de catro gaseiros para Gas Natural á que optaba a empresa pública.
Arquivo por etiquetas: José Manuel Rey Varela
Nada das críticas do alcalde de Ferrol ao goberno central na Radio galega
O mércores 15 de maio, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, do PP, participa no programa matinal da Radio galega “Os almorzos de Galicia por diante”.
Na entrevista, tal e como publica a páxina web da CRTVG, Rey “carga a man contra Navantia e O GOBERNO CENTRAL POLA SÚA INEPTITUDE Á HORA DE CONSEGUIREN CARGA DE TRABALLO PARA OS ESTALEIROS DE FERROLTERRA:
http://www.crtvg.es/rg/os-almorzos/jose-manuel-rey-varela-alcalde-de-ferrol-na-rg
Algúns medios de comunicación destacan a noticia e o comentario crítico do alcalde contra o goberno do PP (o seu propio Partido) en Madrid, salientando que con Rajoy, o sector naval en Ferrol ten “contratos cero”.
http://www.abc.es/local-galicia/20130515/abci-alcalde-ferrol-rajoy-201305151257.html
Para a TVG, a información non ten a máis mínima importancia, e non se da nada nos Telexornais.
Debe estar conectado para enviar un comentario.