E o cru informe do ocorrido cos inmigrantes en Ceuta ??

    

         O venres 14 de marzo coñécense os informes médicos do colectivo “Ca-minando fronteras” sobre o ocorrido a noite do seis de febreiro na praia do Tarajal en Ceuta, cando faleceron 15 persoas e outras tantas resultaron feridas ao tentar entrar a nado en España.

 
          O traballo foi realizado por varios especialistas, mediante entrevistas aos propios superviventes e aténdose aos partes médicos de lesións, e nas conclusións insisten en que a garda civil tirou a darlle (con pelotas de goma) aos inmigrantes que estaban na auga, e denegoulles o auxilio.

“O aborto ten algo que ver coa ETA, pero non demasiado”

 

índie

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, pediulle a un xornalista que lle preguntaba sobre o aborto en medio da súa comparecencia sobre ETA, que esperara ata o final, xa que os dous asuntos, dixo, “algo teñen que ver, pero non demasiado”.

Aquí o podedes escoitar:

http://www.rtve.es/noticias/20130507/fernandez-diaz-dice-aborto-eta-algo-tienen-ver-pero-demasiado/658001.shtml

A TVG non recolleu o desliz do ministro en ningún Telexornal.